Bucarest, Tratado de
Bucarest, Tratado de
Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.