buduma

buduma
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos budumas ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo buduma.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo que habita nas illas e nas costas do norte do lago Chad. Dedícanse fundamentalmente á pesca e, en menor medida, á agricultura e á gandería. A poboacion espállase polos estados de Chad, onde se atopa a maior parte do pobo, Níxer e Nixeria. A relixión maioritaria é a musulmana.

  4. s m [LING]

    Lingua da familia afroasiática e do grupo chádico, falada no Chad, que se inclúe no subgrupo Biu-Mandara e, dentro deste, é unha lingua cotoco.

Palabras veciñas

budista | budo | Budo | buduma | Bueckelaer, Joachim | Bueil, Jean de | buela