buffer*

buffer*
  1. s m [INFORM]
    1. Área de me-moria interna intermedia que permite gardar os últimos datos lidos ou enviados a unha unidade de lectura ou gravación de discos ou dispositivo semellante. Deste modo, se se volven necesitar, non será preciso lelos do propio disco, senón que aínda permanecerán nesa memoria e o seu tempo de acceso será moito menor, incrementando considerablemente a velocidade de cara ao usuario. O tamaño mínimo do buffer é de 64 Kbytes, pero canto maior sexa máis mellorará a velocidade aparente de lectura. Algúns sistemas operativos permiten axustar o tamaño ou o número dos buffers dun disco para axustar a velocidade da unidade de disco.

    2. Área de memoria que contén datos que se envían a unha impresora ou que se reciben dun porto RS-232. A súa utilización resulta útil porque a impresora é moito máis lenta ca o ordenador e este pode preparar todos os datos dunha vez e distribuílos despois lentamente desde o buffer conforme sexa necesario. Igualmente, un porto RS-232 necesita un buffer posto que os datos poden entrar cando o ordenador non estea preparado para recibilos.

    3. Área de memoria que contén un arquivo que está a ser editado. Algúns editores permiten que se edite máis dun arquivo ao mesmo tempo e cada arquivo ocupa o seu propio buffer.

    4. Área de memoria que contén sinais procedentes das teclas que foron pulsadas pero que aínda non foron aceptadas polo ordenador. Por defecto o PC pode conter 16 pulsacións.

    5. Dispositivo electrónico no que coincide a saída e a entrada.

  2. s m [QUÍM]

    Solución amortecedora.

Palabras veciñas

bufetillo* | Buffalo | Buffalo Bill | buffer* | buffet* | Buffet, Bernard | buffeting*