bulbo
(< lat bulbu)
-
s
m
[BOT]
-
Órgano, xeralmente subterráneo, constituído por un talo curto e engrosado, cunha xema destinada a orixinar o talo aéreo ao darse as condicións adecuadas, e envolvida de follas carnosas e ricas en reservas, entre as que hai outras xemas, que orixinarán novos bulbos. O bulbo representa un órgano de resistencia que permite a un gran número de xeófitos pasar a época desfavorable (fría ou seca) do seu ciclo vexetativo. Pola súa riqueza en substancias de reserva, diversas especies bulbosas teñen interese alimentario.
-
Nalgúns cogomelos, engrosamento globuloso da base do pé.
-
Nalgunhas algas, disco basal de fixación en forma de cúpula.
-
-
[ANAT]
-
s
m
Expansión, protuberancia redondeada de certos órganos que lembra, pola súa forma, os bulbos vexetais.
-
bulbo aórtico
Dilatación da base da aorta.
-
bulbo arterioso
Rexión do vaso cardíaco do embrión.
-
bulbo dentario
Papila nerviosa e vascular da parte interna do dente.
-
bulbo duodenal
Primeiro tramo do duodeno, a continuación do píloro.
-
bulbo gustatorio
Cada unha das placas terminais do nervio gustatorio nas papilas da lingua.
-
bulbo nervioso
Porción nodosa que conecta diferentes nervios entre eles.
-
bulbo olfactorio
Cada unha das dúas expansións do nervio olfactorio na cara inferior de cada lóbulo cerebral anterior.
-
bulbo piloso
Extremo central dun pelo ou cabelo, que forma unha expansión bulbosa que circunda a papila.
-
bulbo raquídeo
Protuberancia da extremidade superior da medula espiñal, entre a protuberancia anular e o orificio occipital. A cara anterior descansa na base do cranio, e a posterior forma, coa protuberancia, a base do cuarto ventrículo. No bulbo raquídeo radican os centros vitais máis importantes para a regulación das funcións respiratoria, circulatoria e do equilibrio, e tamén os centros reflexos da tose, o espirro, a deglución, a fonación, o vómito, a mastigación e a oclusión da pálpebra; ademais dos automáticos do ritmo respiratorio, cardíaco e vascular. Tamén se localizan nel os centros nucleares de diversos nervios craniais.
-
bulbo uretral
Rexión ensanchada da uretra esponxosa.
-
bulbo vestíbulo vaxinal
Cada un dos dous órganos eréctiles situados baixo a mucosa vaxinal, homólogo do tubo uretral masculino.
-
s
m
-
s
m
[ARQUEOL]
En análise tecnolóxica, relevo concoidal máis ou menos marcado que se desenvolve sobre a cara inferior dunha lasca a partir do punto de presión ou de percusión; neste último caso precédeo, ás veces, un cono de percusión. Ten a súa orixe na propagación da fronte de fractura efectuada para a obtención dunha lasca. Pode ser dobre, ás veces triple, e presentar fenómenos de descascado.
-
s
m
[ENX]
Protuberancia da parte inferior dalgúns tallamares que ten por finalidade diminuír a fricción da auga coa carena e permitir así que aumente a velocidade do navío.