Burdalla
Burdalla
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que aparece frecuentemente grafada coa forma Burdaya. Leva como armas: en campo de goles, unha cruz de prata, no xefe, con tres veneras, de ouro, mal ordenadas, unha no centro e dúas nos cantóns da punta, e bordo de ouro. Outra variante recolle o mesmo escudo pero sen a cruz no xefe. Algúns traen, en campo de goles, tres veneras de ouro mal ordenadas; no xefe, dúas estrelas de prata, unha en cada ángulo, e bordo de ouro. Outros ostentan: en campo de goles, tres veneras de ouro, mal ordenadas; no xefe, dúas estrelas de prata, unha en cada ángulo, e unha cruz plana do mesmo metal no centro, amais dunha fileira de ouro.