Bureba, La

Bureba, La

Comarca do extremo oriental de Castela, na provincia de Burgos, entre a serra de La Demanda e os Montes Obarenes, comunicada co val do Ebro polo paso de Pancorvo e coas chairas de Burgos polo paso de La Brújula. A litoloxía é principalmente sedimentaria, formada por materiais detríticos finos e xesos. A agricultura é a principal actividade económica: destacan os cultivos de cereais, leguminosas e viña. A gandería bovina, lanar e a avicultura constitúen unha actividade complementaria. A vila de Briviesca exerce as funcións de cabeceira comarcal. O Camiño Francés de peregrinación a Santiago atravesa a comarca.