bureta

bureta

(< fr burette ‘vasilla’)

  1. s f [QUÍM]

    Instrumento de medida de volumes de solucións utilizado en análise volumétrica. Emprégase para medir o volume de solución valorada que hai que agregar a un peso ou un volume definido de substancia problema ata acadar o punto final dunha valoración.

  2. bureta de gases [QUÍM]

    Bureta adaptada á medida de volumes de gases, empregada na análise química das mesturas de gases.

  3. bureta de pesada [QUÍM]

    Pequeno depósito de vidro, con chave para a carga e a descarga, que contén a solución de reactivo empregada nunha determinación volumétrica na que se quere acadar a máxima precisión, e que se pode pesar facilmente antes e despois da valoración; da diferenza de peso calcúlase o volume de solución consumido.

  4. s

    Termo da xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘auga e chuvia’.

Palabras veciñas

burelado -da | burelao -lá | burelense | bureta | burete | buretear | bureteira