Burgas, As
Burgas, As
Conxunto de mananciais de augas termais da cidade de Ourense. Distínguese entre as Burgas Vellas e as Burgas Novas. As augas son sulfatadas e a súa temperatura de surxencia acada os 70°C. Aplícanse con fins terapéuticos, especialmente no tratamento de afeccións dermatolóxicas e reumáticas. Estes mananciais serían a orixe do asentamento que deu lugar á cidade, en época romana. A partir do s XVII, diversas obras foron configurando o aspecto que presentan na actualidade (as Burgas Novas).