burgundio -dia
-
adx
Relativo ou pertencente aos burgundios.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo burgundio.
-
s
m
[ETN/HIST]
Pobo xermánico que, establecido primeiro na rexión báltica, ocupou máis tarde a parte media do Vístula. No s III os burgundios foron cara ao Occidente, sendo rexeitados por Probo cara ao 260. Ocuparon o territorio comprendido entre a actual Rhön e a Suabia central ata o 363, ano en que emigraron cara á Xermania. Asinaron un tratado (foedus) con Roma e obtiveron a parte da Galia máis próxima ao Rin. A invasión dos hunos obrigounos a deixar os seus territorios, polo que se estableceron no 443 ao sur dos montes Xura. Loitaron cos romanos contra Atila e os suevos de Hispania no 456. Ao regreso ocuparon os territorios próximos a Lyon, onde fundaron o Reino de Borgoña.
-
s
m
[LING]
Lingua xermánica oriental xunto co gótico. Falábase na Alemaña oriental arredor do ano 50 d C.