Burón
Burón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que procede da vila galega homónima. Unha rama pasou a Castela, fundando casa en Ávila. Leva como armas: en campo de ouro, unha banda de goles, acompañada de cinco veneras de prata, dúas no alto e tres no baixo; bordo de azul con cinco flores de lis de prata.