busca
(< buscar)
-
Persoa afeccionada a facer que outros se poñan a mal, fomentando discordias, liortas e alborotos.
-
s
f
Acción e efecto de buscar.
Ex: Anda en busca de traballo dende que se licenciou.
-
s
f
Investigación coidadosa que se realiza nun traballo policial ou científico.
Ex: Anda á/na busca dalgunha proba para determinar quén foi o causante do asasinato. A busca dos científicos aínda non tivo os seus froitos.
-
[CAZA]
-
s
f
Conxunto de persoas que percorren o monte cos seus cans, antes ca os cazadores, para que saian as presas da caza.
Ex: Levaban unha busca moi boa e trouxeron moita caza.
-
can de busca
Can de caza.
-
s
f
-
busca binaria
[INFORM]
Método para localizar un elemento particular desde unha lista de elementos que se atopan en orde alfabética ou numérica. Supoñendo que se necesite encontrar a posición dunha palabra particular nunha lista de palabras ordenadas alfabeticamente, execútase unha busca binaria localizando primeiro a palabra que se atope exactamente no centro da lista. Se a palabra que se busca está antes ca a palabra central, sábese que está na primeira metade da lista. En caso contrario, estará na segunda metade. Unha vez que se determine en qué metade da lista se debe buscar, úsase o mesmo método para determinar en qué cuarta parte se debe buscar, despois en qué oitava parte e así sucesivamente.
-
busca booleana
[INFORM]
Unión de consultas máis sinxelas con operadores denominados booleanos, entre outros and, or e not en inglés. Con estas palabras indícaselle a un buscador que encontre documentos que inclúan dúas ou máis palabras das que se lle indican (and), que busque os que conteñen unha palabra ou outra (or) e que non conteñan unha ou máis palabras indicadas (not).
Confrontacións
camorrista, enredanteFrases feitas
-
En busca de loc prep Procurando atopar algo. Ex:Vai marchar da casa en busca de aventuras.
Formas incorrectas
búsquedaRefráns
- Andando de aquí para alí, atoparei o que perdín.
- Busca ben e atoparás.
- Cando te busco, nunca te atopo; cando non te busco, apareces logo.
- Detrás da procura vén a ventura.
- Hai que busca-la vida, que a morte vén ela soa.
- Monte e ribeira non se atopa onde se queira.
- Na cama do can non cáte-Io pan, nin no fuciño da cadela búsque-Ia manteiga.
- Non atopar niños onde se buscan paxaros.
- Non debes buscar o que non queiras atopar.
- O ben non é para quen o busca.
- O que busca, algo lle falta; se lle falta, non é rico; se non é" rico, é que é pobre; e, se é pobre, que se amole.
- Onde non está o rei, non o atopan.
- Onde non hai non compre buscar.
- Onde perdas a capa, alí a cata.
- Ti ándaslle buscando tres pes ao gato e o gato tenche catro.