Butes
Butes
[MIT]
Nome de tres heroes da mitoloxía grega. O primeiro, un dos fillos de Bóreas, tentou matar a Licurgo, o seu medio irmán, pero fracasou e tivo que fuxir a Naxos, onde viviu dedicándose á piratería. Nunha expedición a Tesalia raptou a Corónide, ama de cría do deus Dióniso, e como castigo enlouqueceu e tirouse a un pozo onde morreu. Outro foi fillo do rei de Atenas Pandión, que exerceu o sacerdocio de Atenea e Posidón. O terceiro heroe deste nome foi un dos participantes na expedición dos argonautas.