ç
ç
s
m
[LING]
Letra denominada ce cedillado que se utilizou no galego medieval para representar o son africado dentoalveolar xordo [ts] diante de a, o e u (caçar < *CAPTĬĀRE, serviço < SĔRVĬTĬU, espaço < SPATĬU). No galego moderno esta grafía é allea ao noso sistema pero está presente, aínda que minoritariamente, nos textos literarios dalgúns autores do XIX, tales como Rosalía de Castro e Antonio López Ferreiro, e mantense nos estranxeirismos (curação, Valença, Barça). Algunhas linguas, como poden ser o portugués (carroça, segurança), o francés (français, garçon) ou o catalán (calça, vençut), rexistran o ç no seu sistema alfabético actual.