C-4, vía do

C-4, vía do
[FISIOL]

ía metabólica que seguen na fase escura da fotosíntese algunhas plantas, a maior parte delas propias de medios áridos ou tropicais. Esta vía permite unha fixación eficiente en condicións de baixa concentración de dióxido de carbono. Esta característica é importante nas plantas que precisan pechar os seus estomas durante o día para reducir a perda de auga. A fixación inicial do dióxido de carbono atmosférico faina o ácido fosfoenolpirúvico, coa mediación do enzima fosfoenolpirúvico-carboxilasa, para formar un composto de 4 carbonos: o ácido oxaloacético. Este ácido convértese despois en ácido málico, que rompe para dar dióxido de carbono, e pasa ao ciclo de Calvin; e ácido pirúvico, que xera máis ácido fosfoenolpirúvico. Deste xeito, asegúrase unha fonte constante deste composto para fixar todo o dióxido de carbono atmosférico.

Palabras veciñas

C l | C l | C-3, vía do | C-4, vía do | C.E.N. | 1 ca | 2 ca