caatinga*

caatinga*
s f [BOT/XEOG]

Bosque xerófilo propio das rexións interiores do NL do Brasil, entre a selva húmida ecuatorial da Amazônia e a vexetación de sabanas, especialmente sobre solos calcarios. Nel abundan árbores e arbustos espiñentos, as plantas suculentas e as árbores de tronco en forma de bota, como a especie Cavanillesia arborea. A maioría das árbores e arbustos son de folla caduca.