cabaciña
(< cabaza)
-
s
f
[BOT/ALIM]
ariedade de cabaza producida pola cabaceira Cucurbita pepo var medullosa, que se caracteriza por ser de forma cilíndrica e ter a polpa branca e a pel verde escura. Utilízase para preparar guisos, tortillas, pasteis ou similares e pode cocerse simplemente con sal.
-
s
f pl
[PLANTA]
Herba ou pequeno arbusto do xénero Silene da familia das cariofiláceas, de follas opostas e flores con cáliz tubular, 10 estames e 5 pétalos, que se insiren por medio dunha unlla estreita. O froito é en cápsula e semella unha pequena cabaza. En Galicia están presentes máis de vinte especies das que as máis comúns son: S. vulgaris, S. ciliata, S. gallica, S. nutans, S. portensis e S. scabriflora en cultivos, camiños e prados pobres; S. laeta, nas beiras de marismas e lagoas; S. littorea, en areais costeiros; S. latifolia, en lugares húmidos; e S. acutifolia, endemismo propio de pedregais montañosos do oriente galego.