Cabalar
Cabalar
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo que remite á existencia no lugar de pedras superpostas ou encabalgadas de xeito natural ou artificial (dolmens). É pouco probable que faga referencia á existencia de cabalos nesa zona. Documéntase no s XVI: “Martiño de Cabalar” (doc ano 1590 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 533). Tamén se atesta actualmente coas formas castelanizadas: Caballar e Caballal.