Cabañeros, Parque Nacional de
Cabañeros, Parque Nacional de
Espacio natural que forma parte do complexo orográfico dos montes de Toledo, composto por bosques mediterráneos de influencia continental, matogueiras e formacións herbáceas. Está dentro dos límites dos concellos de Los Navalucillos, Hontanar, Navas de Estena, Retuerta de Bullaque, Horcajo de los Montes, Alcoba, Navalpino e Porzuna, contando cunha superficie de 40.000 ha. Foi preservado da explotación agrícola dende os séculos XIII ao XVIII polos dereitos señorais, ata que estes foron abolidos en 1823 e deron lugar a grandes latifundios. En 1983 proxectouse a creación dun campo de tiro para o exército, o que motivou mobilizacións e trámites políticos que finalizaron coa declaración en 1995 de Parque Nacional.