cabense

cabense

(< topónimo Cidade do Cabo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á rexión do Cabo ou á Cidade do Cabo.

  2. s

    Natural ou habitante de Cidade do Cabo.

  3. reino cabense [BIOL]

    Reino bioxeográfico constituído polas terras máis austrais do continente africano. Caracterízase por unha flora moi rica, con numerosos endemismos e cunha notable riqueza en plantas esclerófilas, ericoides e suculentas.

Palabras veciñas

Cabelo | cabeludo -da | cabemento | cabense | caber | cabernet* | Caberta