Cabias

Cabias
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que leva como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de prata, postas en pao, e, segunda partición, en campo de azul, cunha onza rampante, ao natural; bordo de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, tres escudiños de goles, co xefe de prata, mal ordenados. Outros levan, en campo de ouro, cinco bandas de goles; bordo de goles con trece aspas de ouro.

Palabras veciñas

cabezudo -da | Cabezuela del Valle | Cabhán, An | Cabias | Cabicastro | cabicha | cabida