cabido

cabido

(

  1. s m [RELIX]

    Conxunto de cóengos dunha catedral ou dunha igrexa colexiada.

    Ex: Reuniuse o cabido compostelán para tratar o asunto do novo botafumeiro.

    Sinónimos: capítulo.
  2. s m [RELIX]

    Reunión ou asemblea de cóengos.

    Ex: Celebraron o cabido no mosteiro de Poio.

    Sinónimos: capítulo.
  3. s m [RELIX]

    Lugar no que se xuntan os cóengos.

    Ex: O cabido permanecerá pechado por obras durante o mes de setembro.

    Sinónimos: capítulo.
  4. s m [DER]

    Corporación constituída polo alcalde e os concelleiros.

    Ex: Na xuntanza do cabido aprobouse o informe sobre os orzamentos.

    Sinónimos: concello.
  5. s m [DER]

    Asemblea dalgunhas confrarías.

    Ex: Os membros da confraría de pescadores celebraron o seu cabido mensual.

  6. cabido insular [DER]

    Corporación local de cada unha das sete illas da Comunidad Autónoma de las Islas Canarias, que ten unhas funcións similares ás das deputacións provinciais nas provincias peninsulares españolas.

Formas incorrectas

cabildo

Palabras veciñas

Cabicastro | cabicha | cabida | cabido | cabido -da | Cabiedes | cabila