Cabo de Cruz

Cabo de Cruz

Aldea da parroquia do Castro (concello de Boiro), na beira oriental da enseada de Boiro, na ría de Arousa. É un dos principais núcleos de poboación do concello de Boiro e o seu porto un dos máis importantes do Barbanza, destacando as actividades conserveiras que acolle.