cabuxo -xa

cabuxo -xa

(< cabra)

  1. s [ZOOL]

    Cría da cabra que xa non se alimenta do leite da nai. Desde 1990 celébrase en Vilariño de Conso (Ourense) cada domingo de Entroido a Festa do Cabuxo, na que se degusta esta carne preparada sinxelamente no forno.

    Ex: Leva as cabuxas a pastar.

  2. s m

    Enfado pasaxeiro.

    Ex: Está serio, pero só é un cabuxo; axiña lle pasa.

Palabras veciñas

cabrún -brúa | cabuda | Cabuxa | cabuxo -xa | caca | cacabelos | Cacabelos