Cacabelos

Cacabelos
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Procede do latín *caccabellus, diminutivo de caccabus ‘ola, pucheiro’, que, aplicado á toponimia, fai referencia a un lugar con forma cóncava, afundido. Documéntase no s XIII: “Martin Fernandez de Cacauelos” (doc ano 1276 en C. de Azevedo Maia História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do seculo XII ao século XVI, 1986, p 131).

Palabras veciñas

caca | cacabelos | Cacabelos | Cacabelos | Cacabelos García, Ramón | cacabina | 1 cácabo