1 cacha
1 cacha
(
-
s
f
Cada unha das dúas pezas decorativas que recobren os lados do mango dos coitelos e das navallas, ou a culata das armas de fogo.
Ex: Comprou unha pistola con cachas de nácara.
-
s
f
Parte superior da cabeza, especialmente se está calva.
-
s
f
Cada unha das dúas partes carnosas e avultadas situadas na parte superior das coxas e que forman o cu. OBS: Adoita usarse en plural co significado de cu.
Ex: Caín de cu e agora teño as cachas moradas.
Sinónimos: nádega. -
s
f
Obxecto empregado para arrincar os mexillóns das pedras.
-
s
f
[BIOL]
Estrutura coriácea e laminar que recobre o talo dunha planta ou o corpo dun animal.
Ex: Tralo banquete, das centolas e dos bois só quedaron as cachas.
-
s
f
[ETN]
Peza da roca que sostén o liño.