Cachaldora
Cachaldora
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo, probablemente nun lugar localizado na parroquia de Santiago de Cerreda, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Este topónimo está composto a partir do substantivo casa e mais o antropónimo feminino Aldora. Documéntase no s XIV: “Maria Dominguez de Cachaldora” (doc ano 1362 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 315). Aínda no ano 1478 se atesta como Casaldora (E. Rivas Quintas “O tema latino ‘casa’ e a Rivoira Sacrata”, Boletín Auriense 11, 1981, p 234).