cacharro

cacharro

(< 2 cacho)

  1. s m
    1. Recipiente ou vasilla de calquera material.

    2. Recipiente ou utensilio de cociña.

      Ex: Lava os cacharros do almorzo e ponos a escorrer.

    3. Obxecto rudo de calquera tipo ou material.

  2. s m

    Aparello ou utensilio vello, estragado ou que funciona mal.

    Ex: A túa lavalouza deixa os pratos suxos. É un auténtico cacharro.

  3. s m [ALIM]

    Sopa de auga fervida con codelos de pan e pingas de aceite, que adoitan tomar os mariñeiros a bordo do barco para quentaren o estómago.