cache*

cache*
  1. s m [INFORM]

    Espacio do ordenador onde se poden almacenar datos para acceder a eles rapidamente e evitar ter que lelos desde un dispositivo máis lento, mellorando así o seu rendemento. Algúns modelos de microprocesador teñen un cache interno de instrucións do programa que foron lidas desde a RAM e en ocasións hai un cache externo consistente en chips de RAM, que son máis rápidos ca os usados na memoria principal do ordenador. Os procesadores PowerPC dispoñen de memorias cache de nivel 1 e 2 coas que se consegue maior rapidez no procesamento de datos.

  2. cache de disco [INFORM]

    Dispositivo que almacena na memoria RAM copias de sectores de disco usados frecuentemente, de forma que poidan ser lidas sen acceder ao disco onde se gardan os orixinais. No caso das aplicacións para navegar por Internet, é o espazo do disco duro onde se almacenan as páxinas mentres se ven. Cando se visita unha páxina á que xa se foi anteriormente, o navegador recorre á carpeta cache para non ter que descargar de novo ficheiros que xa ten gravados.

Palabras veciñas

1 cachazo | 2 cachazo | cachazudo -da | cache* | cachea | cacheador -ra | cachear