cadanseu -súa

cadanseu -súa

(< cada + un + seu)

pos Forma especial do galego que ten un valor posesivo-distributivo e que presenta variacións de xénero e número: cadanseu, cadansúa, cadanseus e cadansúas, aínda que son máis frecuentes as formas en singular. Estas formas empréganse para distribuír ou adxudicar un determinado obxecto ou un mesmo número de obxectos, entre varios posuidores, considerados individualmente (

Ex: Os alumnos trouxeron cadanseu papaventos, Levaron á praia cadansúa antuca, Compraron cadanseus libros de aventuras, Regaloulles ós seus amigos cadansúas mochilas de pel). OBS: Pode ir precedido da preposición a (Ex: Escribiulles a cadansúa carta) e sempre acompaña e concorda en xénero e número co obxecto posuído e nunca co posuidor, polo que non aparece na frase nominal suxeito (Ex: Mercoulles cadansúa(s) buxaina(s) ás súas fillas e non *Mercoulles unha buxaina a cadansúa filla, aínda que tamén é correcto dicir Mercoulles a cada filla súa buxaina).

Citas

  • Escribiulles a cadansúa carta) e sempre acompaña e concorda en xénero e número co obxecto posuído e nunca co posuidor, polo que non aparece na frase nominal suxeito (
  • Mercoulles cadansúa(s) buxaina(s) ás súas fillas e non *Mercoulles unha buxaina a cadansúa filla, aínda que tamén é correcto dicir Mercoulles a cada filla súa buxaina)
  • Os alumnos trouxeron cadanseu papaventos, Levaron á praia cadansúa antuca, Compraron cadanseus libros de aventuras, Regaloulles aos seus amigos cadansúas mochilas de pel). OBS: Pode ir precedido da preposición a (

Palabras veciñas

Cadalus | cadamollo | cadaneiro -ra | cadanseu -súa | cadaquén | Cadaqués | cadarme