caftán
caftán
(< ár qafṭān)
s
m
[INDUM]
Túnica longa, de orixe oriental, aberta por diante e con amplas mangas, que vai dende o pescozo ata a metade da perna. Normalmente non leva cinto e utilízana indistintamente homes e mulleres.