cagalla

cagalla

(< cagar)

  1. s f

    Cada unha das bólas duras de pequeno tamaño que constitúen os excrementos das cabras, ovellas e doutros animais e, en xeral, masa de materias fecais máis ou menos dura de forma semellante á dunha bóla.

    Ex: Os camiños están cheos de cagallas das ovellas.

    Confrontacións: cagallón.
  2. s f

    Boliña de madeira situada na parte ancha do fuso.

  3. s f

    Calquera cousa de pequeno tamaño.

    Ex: Varre esas cagallas que deixaches atrás.

Palabras veciñas

cagado -da | cagadoiro | cagainas | cagalla | cagallada | cagalleiro -ra | cagallón