cainotérido

cainotérido
  1. s m [PALEONT]

    Mamífero da familia dos cainotéridos.

  2. s m pl [PALEONT]

    Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos. O xénero máis significativo é o Cainotherium, propio de finais do Oligoceno e que se extinguiu a principios do Mioceno. Os animais deste grupo acadaban uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos, cos que coexistiron e competiron. Os principais xacementos están na Península Ibérica.

Palabras veciñas

2 cainita | Caino | caíño -ña | cainotérido | caínza | cainzada | cainzado -da