caínzo

caínzo

(

  1. s m

    Estrutura de canas ou vimbios entretecidos empregada como separación cuberta dunha construción ou para outros usos.

    Ex: Colocamos un caínzo sobre o muro para que non nos visen os veciños. Colocou uns caínzos na corte para separar as ovellas dos carneiros.

    Sinónimos: caínza, caniza, canizo.
  2. s m

    Armazón feita con vergas de abeleira, salgueiro ou vimbio que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.

    Sinónimos: caínza, caniza, canizo, ladral.
  3. s m

    Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas usada para achaiar a terra.

    Ex: Despois temos que pasar o caínzo para desfacer os terróns.

    Sinónimos: caínza, caniza, canizo. Confrontacións: grade.
  4. s m

    Estrutura de paos e varas entretecidos colocado á entrada dunha propiedade como porta.

  5. s m

    Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.

    Ex: Hai unha semana que teño o xamón a secar no caínzo.

    Sinónimos: caínza, caniza, canizo. Confrontacións: espeteira, fumeira, varal.
  6. s m

    Hórreo formado por vimbios entretecidos, xeralmente cilíndrico e móbil. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.

  7. s m

    Recipiente de vimbio ou canas usado para transportar uvas durante a vendima.