Cairo, O

Cairo, O

Cidade e capital de Exipto. Forma unha muafā ẓ a propia (214 km2; 6.789.479 h [1996]). É a cidade máis grande de África. Está situada ao S do delta do Nilo, ao pé dos montes Al-Muqa ṭṭ an. Divídese en tres partes, O Cairo propiamente dito, formado polos barrios máis europeos, o Vello Cairo, coa illa de Roda e o arrabal de Būlāq. Destacan os portos fluviais utilizados para o comercio de Raw ḋ -al-Fara ǧ , Būlāq e A ṭṭ ār al-Nabī. É o núcleo industrial máis importante do país (siderurxia, téxtil, manufacturas, tabaco, cacao, químicas e industrias alimentarias). Desenvolveuse sobre as antigas canles e estendeusese cara ao N e O. O Cairo é un centro de comunicacións ferroviarias entre o Delta e o Alto Exipto. A cidade fundouna en 969 o xeneral fatimita Al- Ǧ awhar. Coa chegada do califa Al-Mu´izz estableceuse aquí a capital e corte do Imperio Fatimita. O primeiro aiúbida, Saladino, uniu nunha soa a vella cidade de Fus ṭ ā ṭ e a nova Al-Qāhira, edificando tamén a cidadela en 1179. Os mamelucos, que gobernaron a cidade entre o 1249 e o 1517, engrandecérona, erguendo numerosos monumentos nas ruínas fatimitas, e convertérona en centro político, económico e cultural do Islam, logo da caída de Bagdag en mans dos musulmáns no 1258. A comezos do s XVI chegou ao seu declive co Imperio Turco-otomano. Ocupada polo exército francés ao mando de Napoleón en 1789, permaneceu nas súas mans ata o 1801. Despois de numerosas revoltas militares, restableceuse o goberno otomano na persoa de Mu ḥ ammad’ Alī, quen emprendeu obras de mellora e saneamento mentres a cidade medraba cara ao oeste. O paulatino endebedamento de Exipto cos países europeos e a debilidade do Imperio Otomano permitiron unha maior influencia estranxeira no Cairo, que chegou en 1822 a situar a Exipto baixo o protectorado británico. Durante o goberno de Isma’īl Paixà, dende 1863 ata 1879, a cidade expandiuse favorecida pola apertura do canal de Suez. O control desta vía de transportes favoreceu o dominio crecente dos británicos, que gobernaron O Cairo ata 1946. No período de entreguerras a poboación do Cairo multiplicouse e acadou en 1939 os dous millóns de habitantes. Na Segunda Guerra Mundial foi cuartel xeral dos aliados no Oriente Medio. Despois do conflito, a poboación e tamén a edificación da cidade medraron rapidamente, asentándose numerosos edificios gobernamentais e comerciais, desenvolvendo o papel de centro panislámico dende 1952. O papel internacional desta cidade acentuouse durante o goberno de Nasser, servindo de sede a diversas conferencias do movemento de países non aliñados e da Organización da Unidade Africana. A cidade posúe numerosos monumentos da arte musulmana, sobre todo mesquitas, no 642 construíuse a mesquita de ‘Amr, ampliada no 827, do 879 data a de A ḥ mad ibn Ṭ ūlūn. Da época do Imperio Fatimita destacan a mesquita de Al-Azhar (970-972), un dos centros de ensino máis importantes do mundo islámico; as murallas, reconstruídas entre 1087 e 1894 por Badr al- Ǧ amālī, con tres portas; e a mesquita de Al-Akmar (1125). Outras contrucións salientables son a mesquita de Ḥ asan (1356-1359), diversos mausoleos e os palacios de Bištak e Qā’īt Bāy. Os seus museos máis importantes son o Museo Exipcio, que contén os tesouros de Tutankamon e outras obras da arte do antigo Exipto como o Šay al-Balad, o Museo de Arte Islámica, o Museo Copto, o Museo de Qasr-al-Nil, con mostras da época do dominio otomano, e o Museo de Arte Moderna.

Palabras veciñas

4 cairo | 1 cairo -ra | Cairó i Sanchis, Llorenç | Cairo, O | cairolo | cairota | Caitán