caitonial

caitonial
  1. s f sing [PLANTA]

    Planta da orde das caitoniais.

  2. s f pl [PLANTA]

    Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron durante o Mesozoico, de follas palmicompostas e folíolos lanceolados. Os microsporófilos pinnados dan poliñas que comprenden entre 3 e 6 sacos polínicos. Os macrosporófilos, de orixe foliar, teñen forma de palma e dan lateralmente unhas cápsulas con ata 30 primordios seminais.

Palabras veciñas

Caitán | caitana | caitia | caitonial | caiuco | Caius Apicius | caivanca