1 calado -da

1 calado -da

(< 1 calar)

  1. p reg

    de calar.

  2. adx

    Que está en silencio, sen dicir nada.

    Ex: Díxenlle catro verdades e deixeino calado.

  3. adx

    Que é reservado e pouco falador.

    Ex: Non fixo amizade cos compañeiros porque é moi calada.

  4. adx

    Que non revela os segredos que se lle contan.

    Ex: É unha persoa calada e non creo que conte nada do que pasou.

  5. adx

    Que non fai ruído.

    Ex: Na tarde calada só se oía o murmurio das abellas.

Frases feitas

  • Calado como un morcón/peto. Moi calado.

Palabras veciñas

1 calada | 2 calada | 3 calado | 1 calado -da | 2 calado -da | caladoiro | Calaf