Calais, Tratado de

Calais, Tratado de

Tratado que firmaron en Calais en 1360, Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, sobre a base da Paz de Brétigny, que puxo fin á primeira fase da Guerra dos Cen Anos. Eduardo III renunciou á coroa francesa e a diversas posesións en Francia e Flandres; foille adxudicada Aquitania, os condados de Guines e de Ponthieu (incluído o condado de Montreuil), Calais, Sangatte e Ham. Xoán II, prisioneiro dos ingleses, acordou pagar tres millóns de escudos de ouro por recuperar a súa liberdade. O tratado non se levou a cabo e Xoán II morreu no cativerio.

Palabras veciñas

Calahorra | Calais | Calais, paso de | Calais, Tratado de | calaíta | Calama | Calamagrostis