calcáneo

calcáneo

(< lat calcanĕu ‘talón’)

s m [ANAT]

Óso do tarso que no ser humano forma o talón do pé e aguanta todo o peso do corpo. Articúlase pola parte superior co astrágalo e por diante co cuboide; na parte posterior insírese o tendón de Aquiles e inferiormente presenta tuberosidades para as insercións dos músculos superficiais da planta do pé.

Palabras veciñas

calcañar | calcañeira | calcañeiro | calcáneo | calcaño | calcanta | calcante