Calcedonia

Calcedonia

Antiga cidade de Asia Menor, situada no estreito do Bósforo, á entrada de Bizancio. Na actualidade está englobada na aglomeración urbana de Istambul. Fundada no ano 685 a C polos megarenses, foi ocupada despois polos persas. Tomada polos atenienses no 409 a C, formou parte da Confederación Ateniense (s V a C). No s II a C incorporouse á provincia romana de Bitinia, sufriu no 74 a C os ataques de Mitríades VI do Ponto e quedou parcialmente destruída. Formou parte do Imperio Bizantino e foi fortificada por Xustiniano. No 451 tivo lugar o Concilio de Calcedonia. Foi saqueada no s VIII polos persas e polos árabes, pasando no ano 1350 a poder dos turcos.

Palabras veciñas

calcarroeiro | calce | calcedonia | Calcedonia | Calcedonia, Concilio de | calcemia | Calceolaria