calchaquí

calchaquí

(< topónimo Calchaquí)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á tribo dos calchaquís.

  2. s

    ETN Individuo do pobo amerindio pertencente á familia diaguita.

  3. s  

    ETN Pobo amerindio da familia diaguita, actualmente extinguido, que habitou no NO de Arxentina, nas provincias arxentinas de Tucumán e Santiago del Estero e no S do Chaco. Crearon unha extensa rede de canais para regar os cultivos e a súa economía complementábase coa gandería da llama e da vicuña. Consérvanse abundantes restos deste pobo, especialmente as fortificacións ou pucaras e unha interesante cerámica con fins funerarios.

Palabras veciñas

calcetado -da | calcetar | calcetín | calchaquí | calci- | calcía | cálcico -ca