calcografía

calcografía

(< calco- + -grafía)

  1. s f [GRÁF]

    Procedemento gráfico caracterizado pola utilización de pranchas metálicas, xeralmente de cobre, gravadas en profundidade, contrariamente á tipografía. Orixinouse a partir dos gravados realizados no s XV, nos que se empregaba un buril sobre unha lámina de prata ou cobre, reenchidos dunha pasta negra e chamados nielados. As súas utilizacións industriais son o heliogravado e o retrogravado.

  2. s f [GRÁF]

    Lámina obtida mediante algunha das técnicas calcográficas.

  3. s f [GRÁF]

    Obradoiro onde se imprimen calcografías.

Palabras veciñas

calco- | calcofilita | calcófilo -la | calcografía | calcográfico -ca | calcógrafo -fa | calcolita