calcopirita

calcopirita

(

s f [MINERAL]

Sulfuro de cobre e de ferro, de fórmula CuFeS2. Cristaliza no sistema tetragonal, en masas ou cristais a miúdo deformados e difíciles de identificar. Da cor do bronce ou amarela dourada, ten un brillo metálico. É moi importante para a obtención de cobre e contén ás veces cantidades pequenas de ouro e prata. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,2.