calcosina

calcosina
s f [MINERAL]

Sulfuro de cobre, de fórmula Cu2S. Cristaliza no sistema rómbico, se se forma por debaixo de 105°C, ou no hexagonal, se é por riba desta temperatura. Aparece en cristais tabulares ou prismáticos, ou formando masas. Ten unha cor gris chumbo, brillo metálico e unha dureza 2,5-3. É unha importante fonte para a obtención de cobre. Tamén se coñece como cobre vítreo.

Palabras veciñas

calcorreira | calcorreiría | calcose | calcosina | calcotipia | calcotriquita | calcóxeno