Caldaloba, castelo
Caldaloba, castelo
Antiga fortaleza situada en San Martiño do Pino (Cospeito). Destruída en 1467 durante a Revolta Irmandiña, foi propiedade do mariscal Pardo de Cela. A finais do s XVII pertenceu ao conde de Fuensaldaña. Consérvanse parte do foso e dos parapetos exteriores, amais da torre da homenaxe. De planta cadrada, estivo cuberta por unha bóveda de canón reforzada por medio de arcos faixóns. Actualmente existe un pazo con este nome no Pino, dende onde se poden observar as ruínas da torre da Caldaloba ou de Vilaxoán. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.