3 caldeo -a

3 caldeo -a

(

    1. adx [HIST]

      Relativo ou pertencente a Caldea ou aos caldeos.

    2. s [HIST]

      Individuo do pobo semita dos caldeos.

    3. s m [HIST]

      Pobo semita establecido en Mesopotamia a partir do s IX a C. Habitaron na antiga Sumer e organizáronse en clans cun xefe que nalgunhas ocasións asumía a hexemonía. Constituíron a base do alzamento babilónico contra a dominación asiria, coa dinastía chamada caldea ou neobabilónica que se estableceu a partir do 625 a C con Nabopolasar. Sobreviviu ao Imperio Asirio e durou ata o 539 a C.

    4. s m [LING]

      Nome antigo do arameo que se substituíu polo actual acadio. No s XIX este termo designaba a lingua cuneiforme e despois foi substituído por outros de acordo coas épocas ou rexións, como sumerio, asirio e babilónico.

  1. [RELIX]
    1. adx

      Igrexa cristiá siríaca oriental, chamada tamén asiria ou nestoriana, formada polos cristiáns do antigo imperio parto-sasánida. O termo aplícase máis en concreto ás comunidades desta igrexa que se uniron a Roma a partir do s XVI, que están agrupadas desde 1830 baixo o patriarcado de Babilonia dos Caldeos.

    2. s

      Membro da igrexa caldea.

  2. rito caldeo [RELIX]
    1. Rito siríaco oriental practicado pola rama católica. De orixe antíoca, tivo como centro principal Edesa. Estendeuse a través da Igrexa Caldea por Mesopotamia e Persia, chegando ata China e India, lugares onde aínda subsiste. De todos os ritos orientais é o que conserva un carácter máis simple e arcaico, así como un carisma fundamentalmente bíblico.

    2. Rito siríaco oriental, practicado tanto polos católicos como polos nestorianos.