calefacción
(
-
s
f
Acción e efecto de producir calor ou de quentar un local.
Ex: Neste local vai frío porque non hai calefacción.
-
[TECNOL]
-
s
f
Conxunto de aparellos ou dispositivos destinados a quentar un local ou a producir calor nun proceso industrial. Os sistemas tradicionais de calefacción por combustión de leña ou de carbón (lareiras, chemineas, estufas) son coñecidos dende a Antigüidade. Modernamente, a calor foi producida empregando combustibles diversos, como carbón, petróleo, butano, etc, e tamén pola transformación dunha corrente eléctrica en calor ao pasar por unha resistencia (efecto Joule) ou por medio de certos cambios termodinámicos, como na bomba de calor.
-
calefacción central
Calefacción na que unha fonte única de calor quenta unha caldeira na que hai un fluído que, por uns canos, se distribúe polas diferentes pezas a quentar, nas que a calor é cedida ao aire por medio de radiadores, convectores ou outros dispositivos, e volve ao mesmo punto de saída por outros canos, establecendo así un circuíto pechado. Os fluídos máis empregados son a auga e o vapor de auga. A circulación da auga está orixinada por medio dunha bomba ou por un termosifón e a do vapor de auga pola presión da caldeira. Ás veces, o fluído empregado é o aire, que se quenta nunha cámara de calefacción e se conduce por uns condutos adecuados ata as pezas a quentar.
-
calefacción industrial
Sistema de calefacción no que o vapor de auga é conducido aos intercambiadores de calor, aos recipientes, ao rolo ou cámaras a quentar nun proceso industrial determinado. Nalgúns casos, en lugar de vapor, pódense facer circular líquidos que permitan o seu quentamento a altas temperaturas (200-300°C) sen grandes aumentos da tensión de vapor. Na calefacción ao aire libre tense empregado a calor radiada por un emisor de raios infravermellos.
-
calefacción por radiación
Calefacción na que a emisión de calor se efectúa a partir de grandes superficies quentadas a baixa temperatura (50-60°C), xa sexa por unha resistencia eléctrica longa ou por un serpentín de tubo por onde circula auga quente procedente dunha caldeira, dun quentador ou dun sistema de captadores solares. Tanto o fío coma o serpentín de tubo están embutidos no teito (teito radiante) ou no chan (chan radiante).
-
calefacción solar
Calefacción que utiliza a calor que irradia o Sol para quentar a auga que, impulsada por unha bomba, circula a través dunha batería de captadores solares instalados no exterior do edificio e que, unha vez quente, é enviada a radiadores de baixa temperatura ou ao serpentín dun chan radiante. Xeralmente, funcionan de xeito combinado cun sistema de calefacción convencional capaz de suplir os captadores, aínda que só parcialmente, en períodos de ausencia de insolación, e cuns depósitos de acumulación que permiten almacenar a enerxía producida nos períodos de máxima insolación.
-
s
f