Caleiro
Caleiro
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional (un caleiro é un individuo que ten por oficio a fabricación de cal) ou nun topónimo. O topónimo Caleiro pode facer referencia a un lugar de onde se extrae ou se extraía pedra calcaria para obter cal, á existencia dun forno onde se calcinaba esa pedra para a obtención do cal ou a unha pía, con auga e cal, onde se mergullaban as peles dos animais para quitarlles o pelo. Documéntase no s XIII: “Iohannes de Caleyro” (doc ano 1270 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535). Aparece frecuentemente castelanizado: Calero.