calicreína

calicreína
s f [BIOQ]

Polipéptido formado pola acción dos enzimas proteolíticos sobre o calicreinóxeno, o seu precursor plasmático. Atópase en diversas estruturas glandulares e no plasma. Actúa como vasodilatador, e a súa función principal é a regulación do fluxo sanguíneo pancreático. É tamén un compoñente importante das reaccións inflamatorias, e pola súa acción proteolítica pode converter unha fracción de globulina sanguínea en bradicinina ou calidina.

Palabras veciñas

calicose | calicotérido | Calícrates | calicreína | calicromo | caliculado -da | calicular