calimbornio

calimbornio
  1. s m

    Moble rústico, de gran peso e de dimensións desmesuradas.

  2. s m
    1. Obxecto de dimensións desproporcionadas.

    2. Animal de gran tamaño e de aspecto desagradable.

  3. s m

    Máscara que se emprega para protexer a cara das picaduras das abellas, cando se castran as colmeas.

    Ex: Cómpre que poñas o calimbornio para sacar o panal do trobo.

Palabras veciñas

Calímaco | Calímaco de Atenas | calimbornia | calimbornio | calime | calimocho | calimosa