calionímido
calionímido
(
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos calionímidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes da orde dos perciformes que agrupa formas mariñas, bentónicas e costeiras, de ata 30 cm de lonxitude. Distínguese pola presenza dun esporón armado de varias espiñas que prolonga o preopérculo cara a atrás. A familia comprende distintos xéneros, distribuídos por todos os mares cálidos e temperados; no Atlántico e no Mediterráneo son frecuentes os peixes do xénero Callionymus, coñecidos como escarpóns.